Anuncios
Ticker de novas

Carmen Rodríguez leva a cesta do II Concurso de Escaparates e Ambientación do Nadal de Gondomar

Esta tarde o vicepresidente de OVALMI, Jose Ángel González, acompañado polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o concelleiro de Comercio, Xose Antón Araúxo, fixeron entrega dunha cesta a Carmen Rodríguez, gañadora do sorteo realizado entre todas as persoas que votaron en urna para elixir o gañador do II Concurso de Escaparates e Ambientación do Nadal, organizado entre OVALMI e o Concello de Gondomar.

Despois de desvelarse os establecementos gañadores en ambas as dúas modalidades (Chévere e Garabullo Fisioterapia) unha man inocente sacou de entre os máis de 2.500 votos, a papeleta premiada.

Esta iniciativa levouse a cabo para animar e incentivar as visitas a Gondomar para ver, comprar, gozar e votar á mellor decoración do Nadal.

Anuncios