Nigrán organiza unha excursión a Perlim

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o mércores 27 de decembro e a un prezo popular. A inscrición será o xoves 21 e venres 22 de 16:00 a 18:00 horas na Oficina de Información do Concello de Nigrán estando limitada a 50 prazas que seguirán unha rigorosa orde de inscrición con prioridade para os empadroados en Nigrán. O prezo é de 6,50 €/persoa (os menores de 3 anos non pagan) en concepto de entrada ao parque, xa que o Concello sufraga o transporte. A hora prevista de saída é ás 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas. Situado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos penetren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….