Sin categoría

O nigranés Pedro Rodríguez Villar gaña o primeiro premio de novela do Xuventude Crea

O mozo de Nigrán Pedro Rodríguez Villar acaba de gañar o Xuventude Crea, o certame co que a Xunta de Galicia premia o talento mozo, na categoría de novela. A súa obra “Alén da néboa” foi recoñecida polo xurado integrado por Armando Requeixo Cuba, Elena Gallego Abad, Ramón Domínguez Veiga, Tamara Novoa Alonso e Andrea Maceira Lafuent.

Nigrán e Vigo son un dos fondos do camiño de Mario e Ledicia para sobrevivir. Ambos viven nun mundo no que acaba de estrearse un innovador programa de doazóns de felicidade que se fai na rúa Príncipe en pleno Nadal. “Alén da néboa” é unha novela que fai “que nos miremos ao espello e que pregunta: A que estarías disposto para evitar a tristeza?”, conta Pedro Rodríguez.

Pedro Rodríguez é director de Teatro do Ar e tamén xornalista e guionista. O Xuventude Crea é un premio que se suma a outros cos que foi recoñecido nos últimos anos como o Premio Literario “Nortear” co seu relato “O amor das pedras” (Edita-me, Porto 2021), o Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López co poemairo “A onde miras as gaivotas”, os Premios Provinciais da Deputación de Pontevedra á Mocidade na especialidade de poesía e relato, o premio Lingua de Namorar, o Xoán Diaz de Cambre e o Inspiraciencia.