Sin categoría

Nigrán ofrece un contacontos de Nadal en inglés a cargo de Kids&Us

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de Nadal, ofrece o sábado 16 de decembro no Auditorio Municipal o contacontos en inglés “Santa’s Elves”, a cargo de Kids&Us e con dous pases, matinal ás 11:00 horas e vespertino ás 17:00 horas. A entrada é de balde ata completarse o aforo. Dirixido a todas as idades, “Santa’s Elves” é unha aventura de Nadal chea de sorpresas e diversión. Achégase esta data máxica e os axudantes de Santa están moi preocupados, poderemos axudarlles? Un conto en inglés para vivir o Nadal e gozar dun agradable momento en familia. O contacontos coincide coa apertura do Mercado de Nadal Bulebule na Praza do Concello, inmediatamente a carón do Auditorio.