Sin categoría

Festival de panxoliñas en favor da ONG Ayuda al Mundo Necesitado en Baiona

Tres corais baionesas -San Lourenzo de Belesar, A Cela de Baredo e Baiona A Real- participan mañá venres 15 de decembro no festival de panxoliñas benéfico que organiza o Concello de Baiona en favor da ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”. Os asistentes que o desexen poderán achegar comida que se distribuirá desde a entidade. Será na carpa da Praza do Concello ás 20:00 horas.