Sin categoría

Baiona achega aos escolares a historia da primeira volta ao mundo

O Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, e a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, visitaron o colexio de Belesar para compartir co alumnado a historia da primeira volta ao mundo, acompañados pola Directora do Museo da Navegación, Rosa Villar Quintero. Esta iniciativa foi organizada pola Concellería de Cultura, en colaboración coa de Educación, para presentarlles a curtametraxe sobre a Primeira Volta ao Mundo, realizada pola Universidade de Sevilla con motivo do 501 aniversario, e para divulgar a presenza de mariños de Baiona nesa xesta. O proxecto será levado tamén ao resto de centros educativos municipais.