Sin categoría

Alumnos do IES Primeiro de Marzo organizan unha gran festa de pre fin de ano e un mercadiño de Nadal

Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de fin de curso, alumnos de 4º de ESO e 2º de FP Básica do IES Primeiro de Marzo de Baiona organizan este sábado 16 de decembro unha gran festa pre fin de ano. O evento comezará a partir das 22:00 horas no Villa Rosa Baiona, e ás 24:00 horas serán as badaladas.

As entradas, cun prezo de 6 euros para os menores e de 10 euros para os adultos, inclúen unha consumición gratis. Poderanse adquirir nos puntos de venda Becor Golosinas, Herboristería Hierbabuena e Bocatería Manduca, ademais de a través do alumnado de 4º de ESO.

Así mesmo, o domingo día 17, organizan unha Mercadiño de Nadal na Praza do Concello de Baiona, desde as 11:00 ata as 20:00 horas. Haberá complementos, xoguetes, libros e chocolatada.