O equipo EBIO da Garda Civil do Porriño detén a un veciño natural da localidade, sen domicilio coñecido na actualidade, de 41 anos, como presunto autor de dez roubos con forza no domicilio dun octoxenario que vive só. Todos estes roubos ocorren durante os dous últimos meses, e a vítima identifica no interior da vivenda ou ben o sorprende no interior da leira que rodea o seu domicilio. Nun dos roubos ademais de producirlle lesións das que tivo que ser atendido no PAC do Porriño, subtraeulle pequenas cantidades de diñeiro.
Igualmente ameázalle de morte para que non o denuncie, motivo polo cal solicita unha orde de protección e afastamento, chegando mesmo a durmir na súa habitación baixo chave, dado o temor que ten polo carácter cada vez máis agresivo do detido. O detido ten multitude de antecedentes por delitos contra as persoas. As dilixencias instruídas, xunto co detido foron entregadas no Xulgado de Instrución Nº 2 do Porriño, que decretou unha orde de afastamento de 500 metros, que se notifica ao detido, ademais de advertirlle que o incumprimento da mesma podería levar consigo prisión provisional, por ser constitutiva dun delito de quebrantamento do artigo 468 do Código penal.

