O Instituto de Estudos Miñoráns, para rematar o ano das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego, celebrará unha mesa redonda baixo o título “Don Paco del Riego. Entre Vigo e o Val de Miñor”, o xoves 14 de decembro, ás 20:00 horas no seu local Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10, Gondomar. Intervirán os amigos da seguinte xeración, testemuñas directas da riqueza humana de D. Paco: Xosé González Martínez, Carlos Méixome Quinteiro e Xulián Maure Rivas.
Mesa redonda sobre Francisco Fernández del Riego en Gondomar

