A Garda Civil de Baiona-Nigrán detén a dous veciños de Vigo, ambos de 18 anos de idade e investigan a un terceiro, de 33 anos, como presuntos autores de cinco roubos con forza en chiringuitos, ocorridos en diferentes praias do municipio de Nigrán, durante o verán do 2022, o cal xerara una certa alarma social entre os titulares destes establecementos.
O modo de actuar era, tras forzar as portas ou xanelas, subtraer do interior dos mesmos, diñeiro, comida e bebida. No transcurso da investigación atribúenselles outros dous roubos con forza nunha empresa de pozos de auga de onde levaron 3000 euros en efectivo e un teléfono móbil que posteriormente foi recuperado nunha empresa de compra venda de artigos de segunda man, así como tres roubos máis en máquinas expendedoras situadas en dous barrios de Nigrán.
Tanto os dous detidos como o investigado teñen antecedentes por feitos similares. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución Nº 7 dos de Vigo en funcións de Garda e en Fiscalía de Menores, onde os detidos e investigados, terán que comparecer cando sexan requiridos para iso.

