Onte luns deu comezo a novena de Santa Lucía na súa capela da parroquia de Santa Mariña de Vincios, municipio de Gondomar. Ás 18:30 horas, todas as tardes ata o martes día 12. E o mércores día 13, festividade da súa onomástica, celebraranse as misas desde as 7 da mañá, cada hora ata as 12:00 do mediodía, cando dará comezo a Misa Solemne con posterior procesión de Santa Lucía. Pola tarde, as misas darán comezo ás 17:00 horas e ata as 20:00 horas.
Vincios celebra a festividade de Santa Lucía

