Sin categoría

O Torneo Escolar de Tenis de Nadal de Gondomar reúne 200 quilos de alimentos

Este domingo celebrouse o tradicional Torneo Escolar de Tenis Nadal 2023 Concello de Gondomar. Un ano máis foi todo un éxito, con máis de 120 inscritos das categorías peques, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O evento, que se celebrou no IES Auga da Laxe, no Pavillón Deportivo e nas pistas do complexo deportivo As Cercas organizado polo Club de Tenis Gondomar e a Concellería de Deportes, recadou 200 quilos de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Departamento de Servizos Sociais para que os distribúa entre as familias máis necesitadas do municipio.