Sin categoría

Concerto de Nadal de TradiSón en Gondomar

O venres 8 de decembro ás 19:00 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, e dentro da programación do “GondoNadal”, hai unha cita ineludible para os amantes da boa música co Concerto de Nadal de TradiSón. Será un concerto cargado de sentimento, rememorando todas as cantigas pasadas, e quen sabe se estreando en primicia a cantiga deste ano 2023. Os asistentes que queiran levar un recordo deste momento e do “GondoNadal”, poderán facer unha foto no “photocall” antes do concerto e levarse de recordo un calendario personalizado. A entrada é libre ata completar aforo.