Sin categoría

O Centro Juan María celebra o Día da Discapacidade baixo o lema “Diferentemente Iguais”

O Centro Juan María celebrou este luns no Pavillón Municipal de Panxón o Día Internacional da Discapacidade, baixo o lema “Diferentemente Iguais”. Coa compañía de 14 centros educativos do Val Miñor, preto de 900 persoas en total, o grupo de teatro “Xermola” coa colaboración de alumnos do centro representaron o conto “Todos menos un”, de Éric Battut. Para finalizar, todos os asistentes puideron gozar da tradicional chocolatada convidados polo Concello de Nigrán. Ao evento asistiron os alcaldes de Nigrán e Gondomar, Juan González e Paco Ferreira, a concelleira de Servizos Sociais de Baiona, Ana María Iglesias, e a inspectora de educación da zona. Ademais dos usuarios do Centro Juan María, participaron alumnos e alumnas do CEIP da Cruz, CPI Arquitecto Palacios, Colegio Estudio, CEIP Carlos Casares, IES Val Miñor, IES Proval, CEIP Mallón, CEIP Humberto Juanes, CPR Ángel de la Guarda, CEIP Dunas, Menela, CEP Neiras Vilas, CEIP Chano Piñeiro e CEP Sabarís.