Sin categoría

Nasas Nigrán cumpre un ano de vida con 4 millóns de visitas

O 1 de decembro de 2022 inaugurábase o novo espazo comercial Nasas Nigrán. Este sábado celebrouse o seu primeiro aniversario con catro millóns de visitantes rexistrados nestes 12 meses de vida. O director do Parque Comercial, Jose Antonio García, e o alcalde de Nigrán, Juan González, acenderon a iluminación do Nadal nun acto presentado por Rafa Durán e amenizado coa música de Cherry Sweet e La Patrulla.

“Quero felicitar a Nasas Nigrán. Hoxe facemos un ano, somos un bebé aínda. Nun ano fixemos moitísimas cousas. Todo isto era un soño fai tres anos, e para nós é un orgullo e un pracer poder celebrar hoxe o noso primeiro ano. Neste ano aprendemos moitas cousas, estamos xa remodelando o centro, mellorándoo, e creo que o segundo ano vai ser mellor que o primeiro. Quero agradecer a todas as marcas que nos acompañan e sobre todo a todos os clientes que vides regularmente ao centro comercial. Bo Nadal para todos”, comentou o director de Nasas Nigrán, Jose Antonio García.

Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, agradeceu a Nasas “por decidir e por elixir Nigrán para vivir”. “Os comercios que están en Nasas Nigrán son tamén comercios de Nigrán, agora mesmo isto é o futuro pero tamén o presente deste municipio, igual que os demais lugares deste municipio. Felices Festas e Bo Nadal”.

30 tendas e máis de 500 traballadores

Nasas Nigrán conta con 30 tendas, entre elas Leroy Merlín, Eroski, McDonald’s, Tiendanimal, Sprinter, Jysk, Decathlon, KFC, Max Colchón ou Kiabi. Hai que destacar que algunhas delas son negocios locais que apostaron por emprazarse neste espazo comercial para potenciar a súa visibilidade. Nasas Nigrán conta con máis de 500 traballadores.