Supermercado Giráldez de Sabarís inaugura as súas luces de Nadal

O Supermercado Giráldez de Sabarís inaugura este sábado as súas luces de Nadal, este ano con moitas sorpresas. Será a partir das 20:00 horas na rúa Quirincosta nº2, un evento aberto a todo o mundo, sexa cliente ou non. O establecemento convidará os asistentes a unha copa de cava Mar de Frades Brut e haberá sorteos, música e a visita de Papa Noel, ao que os máis pequenos poderán entregar as súas cartas.