O Concello de Nigrán abre un prazo extraordinario de inscrición na Ludoteca de Nadal 2023 por un período de 7 día naturais, desde o día 2 ata o día 7 de decembro. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse no apartado Taboleiro de Anuncios da web municipal.
Está destinada a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, e desenvolverase dende o día 26 de decembro ata o día 5 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes de luns a venres ofertándose 60 prazas. A tarifa xeral é de 10 €.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Teléfono 986 383081, correo electrónico cim@nigran.org.

