O Concello de Baiona, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías e a Concellería de Política Social, organizan un obradoiro informático de Nadal o vindeiro mércores 13 de decembro de 10:00 a 12:00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana para persoas maiores de 55 anos. O aforo é limitado polo que é necesaria a inscrición previa para participar chamado ao teléfono 986 38 59 26 (horario de 9:00 a 14:00) ou presencialmente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona. Imprescindible asistir con móbil propio ou tableta.
Baiona imparte un obradoiro informático de Nadal gratuíto para maiores de 55 anos

