A Concellería de Cultura do Concello de Baiona continúa coa V edición do programa divulgativo “A Mar de Historias”, unha serie de conferencias que pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arqueoloxía, historia, turismo mariñeiro… e toda obra cultural relevante para a Vila susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio das mesmas. Este venres, 1 de decembro, ás 20:00 horas, é a quenda do relatorio de Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), baixo o título “Candorcas e Veleiros”. Estas conferencias celébranse no Auditorio da Casa da Navegación, con entrada libre ata completar aforo, e prolongaranse ata o mes de xaneiro de 2024.
Conferencia en Baiona de Alfredo López da CEMMA sobre as candorcas e os veleiros

