Sin categoría

Espectáculo familiar de narración oral e música no Multiusos Mercado de Sabarís

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle o domingo, 3 de decembro, ás 18:00 horas, o espectáculo familiar de narración oral e música “Cacho Animaladas”, dentro do programa cultural da Deputación de Pontevedra “Tornar ás Táboas”.

“Cacho Animaladas” é unha sesión de narración oral e música para público infantil. A narradora Vero Rilo acompáñase esta vez da guitarra e a voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría van unidos con animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.

Son tempos de soltar a melena e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro: raposos, mirlas, topos, nenas, nenos…