Nigrán continúa en Vilariño co programa “A igualdade non é un conto”

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este mércores 12 de agosto ás 20:30 en Vilariño (capela dos Pais Franciscanos) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes situacións.

Nesta ocasión terá lugar o contacontos “As lentes violetas” creado para a ocasión pola parella artística de Nigrán “Voltereta e Volvoreta”. O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e estereotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas.