Sin categoría

Últimos días para inscribirse no Cros Escolar do Val Miñor

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona informa que ata este mércores, 29 de novembro, poderán formalizarse as inscricións para participar no XXIV Cros Escolar do Val Miñor, que se celebrará este domingo, 3 de decembro, na contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís. Aínda están a tempo para realizar a mesma no Pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986 356 558 ou no email deportes@baiona.gal. Trátase dunha proba solidaria, pois se realizará unha recollida de alimentos non perecedoiros destinados á ONG de Baiona “Ayuda al Mundo Necesitado”.

Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nacidos nos anos 2009-10), que sairán ás 10:45 e 11:00 correlativamente. Os atletas infantís masculinos/femininos (2011/12) correrán ás 11:15 e 11:25. As do alevín masculino/feminino (2013/14) comezarán ás 11:35 e 11:45. Os participantes benxamín masculino/feminino (2015/16) iniciarán a proba ás 12:10 e 12:20. Por último, os atletas de Cros máis pequenos serán os chupetes masculino/feminino (nados 2019/20), que comezarán a correr ás 12:30 e 12:40.