Sin categoría

Nigrán ofrece a obra “A morte… e punto!” de Porta Aberta

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 26 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra “A morte… e punto!” da compañía viguesa Porta Aberta, función de 60 minutos encadrada no circuíto galego de teatro amador 2023. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Este espectáculo cómico dirixido a un público adulto é a unión de tres pequenas pezas de microteatro, onde a morte é o tema principal. A intención é tratar este tema tan transcendente desde un punto de vista de comedia “para sacarlle ferro ao asunto”.