Sin categoría

A Garda Civil detén a unha muller por distribución de drogas nun establecemento de hostalería

A madrugada do pasado domingo día 19, no marco do plan de actuación de seguridade cidadá, patrullas do Posto da Garda Civil de Lalín, xunto cunha patrulla fiscal, o Servizo Cinolóxico e a USECIC da Comandancia, establecen un dispositivo policial para localización e erradicación de puntos de venda de substancias estupefacientes. Realízase unha inspección nun establecemento de hostalería situado no centro urbano de Lalín, e intervéñense 32 gramos dunha substancia que resulta ser cocaína, básculas de pesada e distintos elementos que determinan a existencia nese lugar dun punto de distribución de drogas, co agravante de levar a cabo esta actividade ilícita nun local aberto ao público.

Por parte da patrulla fiscal efectúanse denuncias por varias infraccións, dúas delas a impostos especiais, dous a Turismo e outras dúas a Sanidade, por certos contidos insalubres relacionados cos servizos de comidas que se dan no local. Tamén se interveñen substancias a clientes que se atopaban no establecemento, tales como cocaína e cánnabis, aos que se lle efectúan as correspondentes denuncias administrativas. Ao finalizar a inspección, procédese á detención da propietaria do establecemento, unha veciña de Lalín, de 38 anos.

Como consecuencia das dilixencias practicadas, e baixo a tutela do Xulgado de Instrución número UN de Lalín, realízase un rexistro no domicilio da mesma, onde se interveñen pequenas cantidades de cánnabis, así como útiles para preparar as doses de cocaína e básculas de pesada. A detida foi posta ao dispor xudicial, quen decreto a súa liberdade provisoria con cargos.