Sin categoría

A bandeira de Baiona sucará os mares no veleiro dunha familia baionesa

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega da bandeira do Concello de Baiona a unha familia baionesa que vai saír no seu veleiro desde a Vila para dar a volta ao mundo. Esta familia encabezada por Tonichi, veciño baionés integrante do dúo de música “Tonichi y Pacheco” levará a insignia de Baiona ao longo da súa travesía polos distintos continentes. O rexedor e o concelleiro agradecéronlle este detalle e desexáronlle unha moi boa travesía e boa mar, esperando o seu regreso en Baiona tras esta bonita aventura.