Detidas catro persoas por un roubo con violencia e intimidación nunha xoiería

A Garda Civil de Pontevedra (Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial e Área de Investigación do Posto de Ponteareas) en operación conxunta co Grupo 1 da Udev da Policía Nacional de Pontevedra e o Núcleo de Investigación Criminal do Comando Territorial da GNR de Valença de Minho (Portugal), procederon á detención e investigación dun total de 8 persoas, pola comisión dos delitos de roubo con violencia e intimidación, lesións, tenencia ilícita de armas e receptación.

En data 15 de maio de 2023, cométese un atraco (roubo con violencia e intimidación) nunha xoiería de Monçao (Portugal), onde catro persoas, tras intimidar e golpear á responsable da xoiería, subtraen efectos por valor de máis 55.000 euros. Así mesmo, un dos autores principais do feito, foi detido semanas despois pola Policía Nacional por un delito de homicidio na localidade de Pontevedra, no marco doutra investigación, sendo intervidas no seu poder numerosas xoias procedentes da xoiería asaltada en Portugal.

Tras coñecer que os autores podían ocultarse en España, iníciase unha investigación conxunta, xunto coa G.N.R portuguesa, logrando pescudar que os catro autores podían ser cidadáns españois, con domicilios en territorio nacional. Tras diferentes pescudas realizadas e a análise da información solicitada de forma coordinada, establécese unha liña de investigación que permite identificar os catro autores do atraco.

Por outra banda localízase en Ponteareas a catro persoas veciñas da localidade que son investigadas pola comisión dun delito de receptación dos efectos procedentes do roubo na xoiería portuguesa, tras ser vendidas xoias e efectos dese ilícito en varios establecementos de compra venda de ouro da provincia en Ponteareas. Como resultado desta operación, púidose recuperar numerosas pezas subtraídas, así como detívose/investigouse a oito persoas, unha delas ingresada en prisión. Tamén se intervén un arma de fogo corta nun rexistro domiciliario dun dos detidos.

A investigación conxunta, denominada policialmente “OPERACIÓN CANILLOS-MAGRO”, foi coordinada pola Fiscalía de Pontevedra (Sección de Cooperación Internacional), os Xulgados de Ponteareas e o Tribunal Xudicial de Monçao (Portugal).