Sin categoría

Continúa o ciclo de teatro infantil en Gondomar coa obra “Backstage”

Tras o éxito acadado coas representacións anteriores, nas que se colgou o cartel de “entradas esgotadas”, continúa o ciclo de artes escénicas para público infantil e familiar no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. Este próximo domingo 19 de novembro ás 18:00 horas (apertura de portas ás 17:30 horas) será a quenda da compañía teatral “Negro López” co seu espectáculo “Backstage”. Unha divertida proposta familiar onde o slapstick, a música en directo, o mimo e a interacción co público fan as delicias de grandes e pequenos.

Un músico está a punto de dar un concerto. Se prepara antes de que a xente ocupe os lugares correspondentes, pero diversas complicacións retrasan o inicio do espectáculo: non sabe onde puxo o instrumento, perde a partitura, e se pon nervioso… ¡E todo porque o director é un pallaso! “Backstage” é o primeiro espectáculo de Negro López, compañía viguesa formada polo performer e clown Iván Dávila e o seu cómplice, o músico e actor Brais Iriarte. Utilizan a crítica social e o humor absurdo, ferramentas indispensables para espertar conciencias y rirnos das nosas miserias.

As entradas a un prezo de 2,50 euros están xa a venda na taquilla electrónica do Concello de Gondomar.