Sin categoría

Charla sobre “Nutrición e Cancro” en Baiona

A sala auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana, situado na Rúa Carabela Pinta, 9, en Baiona, acollerá unha charla sobre “Nutrición e Cancro” ás 18:00 horas o vindeiro venres 17 de novembro, Día Internacional da Loita Contra o Cancro de Pulmón. As farmacéuticas e nutricionistas Patricia González Gaviño e Clara Hernández González conversarán sobre a importancia da nutrición durante o proceso oncolóxico, e que adaptacións e estratexias dietéticas poden utilizarse durante os tratamentos.

Esta actividade forma parte do proxecto Deporturismo Social da Concellería de Política Social que se puxo en marcha desde o Concello de Baiona e que ao longo destes meses irá realizando máis accións deste tipo coa cidadanía. “A través da nosa contorna envexable queremos contribuír ao coñecemento da nosa historia, a realizar actividade física, sociabilizar e dar pautas para a saúde… facendo fincapé na importancia de coidar de nós mesmos”, apuntan desde o goberno local.