Baiona abre o prazo de inscrición do Programa de Conciliación de Nadal 2023

Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares, moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2023. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo mércores 22 de novembro.

O Programa de Conciliación Nadal é un programa promovido pola Concellería de Igualdade, a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 22 de novembro ás 14:00 horas. Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar nos teléfonos 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As bases que regulan a convocatoria poden descargarse a través da páxina web do Concello de Baiona, do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello. Para calquera aclaración poden contactar no 986 35 75 52 ou no 986 35 75 54 ou no CIM de Baiona.