
O Hospital Álvaro Cunqueiro inaugurou hoxe unha exposición fotográfica sobre o traballo que leva a cabo a ONG Tierra de Hombres en Ucraína, un proxecto de axuda humanitaria financiado pola Área de Cooperación da Xunta de Galicia. No acto estiveron presentes o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o responsable da ONG “Tierra de Hombres” en Galicia, José Raúl Besada.
A mostra, emprazada nas consultas externas do hospital, conta con 40 fotografías realizadas pola Organización. A guerra en Ucraína contabiliza máis de 7 millóns de refuxiados ucraínos noutros países, e outros 7 millóns de desprazados internos. Se estima que 17,7 millóns de persoas deste país poderían necesitar axuda humanitaria.
Na súa intervención en Ucraína, Tierra de Hombres desenvolve varios programas, priorizando o apoio aos provedores de axuda humanitaria; os servizos directos aos nenos e nenas e ás súas familias; e a protección da infancia. Grazas ao seu labor, máis de 30.000 persoas recibiron kits de alimentos, hixiene, material escolar e equipos móbiles. Ademais, remodelaron 30 centros de acollida; habilitaron 20 albergues “childfriendly” e capacitaron a profesionais para a atención de 90 escolas.