A Garda Civil detén ao autor dun suposto delito de tráfico de drogas e outro de tenencia ilícita de armas

O equipo EBIO da Garda Civil de Ponteareas detén a un veciño da localidade como suposto autor dun delito de tráfico de drogas e outro de tenencia ilícita de armas. A investigación iníciase a principios de verán por mor das sospeitas de que esta persoa pódese estar a dedicar á venda e menudeo de drogas.

Despois de meses de xestións e diferentes pescudas detense a esta persoa, un veciño de Ponteareas, de 49 anos, con antecedentes por tráfico de drogas, ao que se lle incauta, xunto co posterior rexistro que se fai no seu domicilio, un total de 58 gramos de cocaína e 18 de heroína, así como 827 euros en billetes de diverso valor, ademais de diversos efectos para a preparación e corte das substancias, así como unha pistola de fogo real, da que se descoñece a súa procedencia.

Xunto coas dilixencias instruídas e os efectos incautados, o detido pasou ao dispor do Xulgado de Garda de Ponteareas que decretou o seu ingreso en prisión.