Anuncios
Ticker de novas

O Centro Cultural Parada do Miñor organiza o Campamento do Kiko

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza para este verán o Campamento do Kiko 2017, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ampliable segundo demanda.

Os pequenos participarán en multitude de actividades: manualidades, xogos, baile tradicional e moderno, sendeirismo, deportes, música e moitas máis.

O prezo do campamento é de 45 euros unha quincena (50 para os non socios) e de 85 euros para o mes enteiro (90 para os non socios). Máis información e reserva de praza en centroculturalparadaminor@gmail.com ou no teléfono 628 986 597.

Anuncios