Un día antes de dar a coñecer toda a programación “Baiona Lila”, a Concellería de Igualdade de Baiona desvela unha das actividades desta fin de semana. O domingo día 5 de novembro ás 12:00 horas Paula Carballeira divertirá no Multiusos de Sabarís aos máis pequenos co contacontos “A pescadora de Bagdad, as sete irmás e a balea”. O Concello de Baiona presenta mañá venres ás 19:30 horas no Multiusos Mercado de Sabarís a programación “Baiona Lila” e inaugura a exposición “Ti contas, ti transformas”.
Contacontos no Multiusos Mercado de Sabarís

