Desde o Concello de Gondomar informan que, debido ás previsións e inclemencias meteorolóxicas, todas as actividades previstas para o sábado 28 con motivo do Samaín quedan suspendidas. As actividades previstas para o martes 31 mantéñense a expensas de como evolucione a climatoloxía nos próximos días. Estas actividades repetiranse o sábado 4 de novembro (tamén en función da climatoloxía). Por último, indican que a actividade denominada “Túneis do Terror”, que se desenvolverá no antigo Matadoiro e nos xardíns de Casa Peralba tanto o martes 31 como o sábado 4, dará comezo un pouco máis tarde do previsto, isto é a partir das 19:30 horas. O resto de actividades manteñen os horarios previstos.
Gondomar suspende as actividades de Samaín previstas para este sábado

