Sin categoría

A Garda Civil investiga a cinco persoas implicadas nunha pelexa nos exteriores dunha discoteca

O equipo EBIO da Garda Civil de Vilagarcía en colaboración coa Garda Civil de Valga investigan a cinco novos entre 20 e 23 anos, como supostos autores de dous delitos de lesións cometidos nos exteriores dunha famosa discoteca da localidade de Pontecesures. Os feitos tiveron lugar a finais do mes de outubro de 2022, cando tras a actuación dun famoso artista, produciuse unha multitudinaria pelexa nos exteriores da citada discoteca. Como consecuencia das agresións que se produciron na mesma, resultaron lesionadas de consideración dúas persoas, as cales foron atendidas en diferentes Centros de Saúde, chegando incluso unha delas a ter que ser derivada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela para ser atendido das lesións sufridas.

Ambas as dúas persoas, unha vez recibiron o alta hospitalario, interpuxeron denuncias no acuartelamento da Garda Civil de Valga. A partir dese momento iníciase unha investigación para dar coa identidade dos seus agresores. Despois de recompilar diferentes testemuños e de rastrexar perfís e información de diferentes redes sociais, os axentes conseguiron dar coa identidade de cinco deles, tres homes e dúas mulleres de entre 20 e 23 anos de idade e residentes na localidade de Ribeira (Coruña). As dilixencias instruídas, foron entregadas no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Garda de Caldas de Reis, onde deberán comparecer cando sexan requiridos pola Autoridade Xudicial.