A Garda Civil detén a unha persoa por tenencia ilícita de armas, receptación e delito de tráfico de drogas

O pasado día 20, unha patrulla da Garda Civil de Tui, no seu labor de seguridade cidadá, detén a un home polos delitos de tenencia ilícita de armas, receptación e un delito de tráfico de drogas. Nun punto de verificación na N-550, dáse o alto a un vehículo e unha vez identificado o condutor inspecciónase o vehículo e localízanse no seu interior 9,4 gramos de marihuana, 4,85 gramos de cocaína, dous anacos de haxix cun peso de 49.10 gramos, 645 euros en billetes de diverso valor, e un revolver municionado.

Por iso detense ao condutor, un veciño de Tui de 39 anos, con multitude de antecedentes policiais, informándolle dos distintos delitos cometidos, e ademais formúlanselle denuncias contra a seguridade viaria por carecer de permiso de conducir en vigor ao non ter ningún punto, e por carecer de inspección técnica do vehículo. Posteriormente compróbase que a arma foi subtraída do interior dunha vivenda en Redondela no ano 2013.

O detido, xunto coas dilixencias son postos ao dispor do Xulgado de Garda de Tui, que decretou a súa liberdade con cargos.