Sin categoría

17 veciños e veciñas de Baiona practican cos seus móbiles para manexarse por internet

O Auditorio do Centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona acolleu na mañá deste martes un obradoiro de informática para maiores de 55 anos no que participaron 17 veciños e veciñas do municipio. O Concelleiro de Novas Tecnoloxías e Comunicación, David González Misa, foi o encargado de impartir o obradoiro. Contou coa axuda da Concelleira de Política Social, Ana María Iglesias Rodríguez.

As persoas participantes recibiron coñecementos para descargase a app do Sergas e practicaron como se pide cita, anúlase, modifícase a través do móbil, sen esperas ao teléfono. Tamén se lle ensinou como se descargan as aplicacións desde Play Store. Todo iso realizado a través da práctica cos seus propios terminais sendo un grupo dinámico e activo.

Desde ambas as dúas Concellerías pedíuselles e ensinóuselles que perdesen o medo para practicar e animóuselles a que practiquen e que se atrevan. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas manifestou que do 24 ao 31 de outubro de cada ano celébrase a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional, este foi outro dos motivos polos que se organizou este interesante obradoiro para a cidadanía.