A Federación Española de Surfing, xunto coa Federación Galega de Surf, a Xunta de Galicia e Quenlla Surf Clube levarán de novo ao noroeste peninsular o Campionato de España de Parasurfing, que se celebrará na Praia de Patos de Nigrán do 23 ao 28 de outubro.
A diferenza doutras edicións, este ano o período de espera da competición é máis amplo. A organización toma esta decisión para poder realizar as mangas nas mellores condicións posibles de marea e de ondada, para que todos os deportistas poidan competir con garantías.
Román Díez, presidente da Federación Galega de Surf, mostrábase moi ilusionado e contento de ter de volta esta competición, “as expectativas que temos a verdade é que son moi altas. Para nós traer este evento a Galicia é algo que nos motiva moito, ademais sendo a proba previa ao Campionato do Mundo de Parasurfing que se disputará en California”.
Ademais, do mesmo xeito que na anterior edición, todos os deportistas inscritos nesta proba non terán que facer fronte aos gastos de aloxamento. A organización pechou novamente coa Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia, situada na proximidade da praia galega, un acordo para aforrar gastos aos surfeiros inscritos e ofrecer aloxamento e manutención completa.
Os aloxamentos dispoñen de garantías e condicións para que todos os competidores no Campionato de España de Parasurfing céntrense na competición.

