O Concello de Gondomar fixo unha nova entrega de 40 composteiros individuais que se suman aos máis de 500 xa entregados nos últimos 4 anos.
Continúase así coa gran labor levada a cabo dende o goberno local no fomento do residuo cero en canto ao relacionado coa materia orgánica, que xunto coas iniciativas postas xa en marcha, fan de Gondomar un concello referente en canto á conservación do Medio Ambiente.
O Concello de Gondomar lembra a toda a veciñanza que aínda non dispoña do seu composteiro e desexe formar parte do programa municipal de compostaxe doméstica, pode facelo no rexistro municipal ou a través da sede electrónica acreditando estar empadroado no municipio e ter unha vivenda unifamiliar na que poder situar o composteiro.

