O Centro Sociocomunitario de Baiona pon en marcha dúas novas actividades. Unha puntual, dedicada á cociña italiana, que se desenvolverá en horario de 11:00 a 13:00 horas os próximos días 23, 24, 26, 27 e 30 deste mes de outubro, e outra que se renova despois do parón estival, con continuidade ata o próximo mes de xuño, os martes de 18:00 a 19:30 horas, que é o de Iniciación á Acuarela, impartido pola ilustradora e acuarelista Sandra Amelines. Os asistentes aprenderán a técnica de acuarela dunha forma práctica, creativa e ao seu ritmo. Serán clases semanais para adultos e nenos a partir de 10 anos. Os interesados poden inscribirse en calquera das dúas actividades no propio centro, no teléfono 886110123 ou a través do correo c.b.s.baiona@xunta.gal.
Cursos de cociña e pintura no Centro Sociocomunitario de Baiona

