Sin categoría

Charla en Gondomar para celebrar o Día Nacional do TDAH

O Concello de Gondomar, con motivo do Día Nacional do TDAH, organiza unha charla-coloquio impartida por Paula Fernández Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria, experta e supervivente ao TDAH e ao sistema educativo. Será o sábado 28 de outubro ás 11:00 horas no Centro Neural (edificio da Policía Local). Analizará o tratamento que recibe o TDAH na vida académica, social e familiar. Dará conta dos recursos, as actuacións precisas para que a diagnose deixe de ser un problema. Coñecer en profundidade os recursos que se teñen e necesitan para a abordaxe do TDAH. O aforo é limitado, polo que será preciso inscribirse previamente no teléfono 986369746 ou no correo: omix@concellodegondomar.gal.