O día 16 do presente mes, a Garda Civil da Guarda, detén a un veciño do Rosal de 45 anos de idade, como presunto autor de delitos de falsidade documental. O detido falsificou o contido dunha factura dun taller de reparación de vehículos, na que se facía constar que o vehículo da súa propiedade atopábase no interior das instalacións do taller, para evitar desta forma, a imposición dunha multa de tráfico tramitada pola Policía Local do municipio do Rosal.
Así mesmo alterou dous documentos públicos consistentes nunha certificación de discapacidade emitida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e dunha resolución do grao de discapacidade ditada pola mesma Consellería, co fin de obter de forma fraudulenta unha tarxeta de aparcamento para persoas discapacitadas. Ao detido cónstanlle sinalizacións en vigor, así como diferentes antecedentes policiais. Culminadas as dilixencias instruídas, foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Tui.

