Sin categoría

Nigrán decreta tres días de loito oficial polo falecemento do ex alcalde José Manuel Rial Cadaval

O Concello de Nigrán declara 3 días de loito oficial polo falecemento de José Manuel Rial Cadaval, alcalde do municipio entre xuño de 1999 e xuño de 2003, e transmite o seu pesar a familiares e achegados. Tamén manifestou as súas condolencias o PSdeG.

Ex empregado de Aena, encabezou as listas do PSOE de Nigrán en 1999 sendo elixido Alcalde co apoio do P.I.N.N. de Avelino Fernández Alonso. Aos poucos meses rompe o pacto. O P.I.N.N. e o PP de Nigrán presentan unha moción de censura que fracasa ao non ser apoiada por 5 dos 7 concelleiros do PP.