Sin categoría

Baredo celebra as festas de San Roque

A parroquia baionesa de Baredo celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Roque. O sábado 21 de outubro a partir das 19:00 horas haberá “porco ao espeto”, bebida e rosca gratis ata as 21:30 horas, momento no que comezará a verbena a cargo dos grupos Ritmo e Adrede. Haberá carpa e inchables gratis para os máis pequenos. O domingo día 22 ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne cantada, seguida de procesión acompañada pola Treboada Son Galego.