A Agrupación Musical de Vincios organiza o seu III Campamento Musical

FOTO: AM VINCIOS

Tras o éxito das dúas primeiras edicións, a Agrupación Musical de Vincios volve organizar este ano o seu campamento musical dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos.

A actividade vaise levar a cabo na escola de música da A.M. de Vincios do 3 ao 7 de xullo. Os nenos que participen terán a posibilidade de achegarse á música dunha maneira dinámica e divertida: xincanas musicais, obradoiros de instrumentos reciclados, xogos e moitas sorpresas.

A inscrición poderá facerse na escola de música da A.M. de Vincios ata o 30 de xuño en horario de tarde de 16:00 a 20:30 horas. O prezo é de 25 euros e as prazas son limitadas. Para máis información poden chamar ao 676 29 51 58 ou ao 680 25 03 09.

Desde a A.M. Vincios fomentan a través deste tipo de actividades a aprendizaxe non só da música en si, senón dos valores esenciais que a rodean, tales como compañeirismo, responsabilidade ou esforzo.