Sin categoría

Baiona celebra o día das escritoras cun contacontos de Charo Pita

O Concello de Baiona continúa celebrando o Día da Biblioteca Pública. O vindeiro luns, 16 de outubro, día das escritoras, estará na Biblioteca Pública de Baiona Charo Pita, co seu contacontos “Porco porquiño, ensíname o camiño”. “Porco porquiño, ensíname o camiño: enriba, abaixo, diante, detrás, por onde vas? Tes algunha historia que contar?…” Contos, bromas, rimas e cancións porcas, porquísimas para pasalo en grande con toda a familia.

No edificio da Biblioteca ás 18:00 horas para público de 0 a 6 anos, acompañados dunha persoa adulta, cunha duración de 40 minutos. Para participar é imprescindible a inscrición previa no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.

A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, está a ofrecer contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do Día da Biblioteca Pública, que se celebra o próximo día 24.