Sin categoría

Nigrán organiza unha nova excursión a Lisboa e Óbidos

O Concello de Nigrán ofrece unha nova excursión a Lisboa o 27 e 28 de outubro ante o éxito da organizada en marzo con moita veciñanza que quedou sen praza. Novamente, terán prioridade os empadroados no municipio e o custe será de 128 €/persoa en habitación dobre (suplemento de 55€ en caso de querer habitación individual). O prezo inclúe o aloxamento, o transporte e a guía acompañante. As inscricións serán o 16 e 17 de outubro de 8:00 a 13:00 na Oficina de Turismo de Gaifar. Nesta ocasión, a saída será o venres 27 de outubro de Nigrán ás 8:30 horas, comida en Caldas da Rainha, visita a Óbidos, percorrido por Cascais e chegada ao hotel con cea. Ao día seguinte, sábado 28 de outubro, almorzo no hotel, visita a Lisboa centro, Belém, comida en Lisboa e saída de volta para Nigrán, con parada en Santa María da Feira.