Sin categoría

Bronce para o Club Bolos da Carrasca no Campionato de España de dupletas

Esta fin de semana celebrouse na localidade de Torrelavega (Cantabria) o Campionato de España de dupletas Feminino e Xuvenil, no que na categoría feminina o Club Bolos da Carrasca coas deportistas Silvia, Tania e Loli, subían ao podio ao acadar unha terceira praza nunha competición de alto nivel. E o Club Ensino acadou un quinto posto. E a Selección Galega Xuvenil acadou un quinto posto.