Sin categoría

Os afectados polas enchentes de Gondomar piden participar na elaboración do Plan de Riscos de Inundacións

A Asociación de Afectados polas Enchentes dos ríos Zamáns e Miñor, tendo coñecemento que por parte do Concello de Gondomar se está a elaborar o preceptivo “Plan de Acción Municipal de Riscos de Inundacións” (PAMRI), considera que a opinión das persoas afectadas polas enchentes pode ser de interese e de axuda á hora de ter un maior coñecemento dos efectos e das consecuencias das enchentes, e en consecuencia á hora de propoñer as solucións máis acaídas.

“En todo caso o intercambio de informacións por parte de quen padecemos en primeira persoa os efectos das enchentes e os técnicos redactores do Plan, sempre será positivo”, apunta Antonio Araújo, presidente do colectivo, polo que solicitan “que por parte do Concello se nos permita participar nas reunións co equipo redactor do Plan ou, que se nos convoque cando estas teñan lugar”.