A Deputación de Pontevedra celebrará en Baiona o Día da Hispanidade da provincia. A Concellería de Cultura está a traballar nun evento que combina o acto institucional cun concerto de música latinoamericana.
O 12 de outubro celebrarase ás 18:00 horas o acto protocolario no monumento “Encontro Entre Dous Mundos” para despois ás 18:45 horas gozar do concerto “Ritmos de Latinoamérica” a cargo do cuarteto “Tamarindo”, cun repertorio das cancións máis coñecidas de Latinoamérica. Nos propoñen unha viaxe a través das súas melodías facendo un percorrido pola variedade musical de América do Sur, terra máxica e de diversidade cultural, onde se mesturan todo tipo de ritmos africanos, europeos e precolombinos.
O acto de celebración do Día da Hispanidade está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este día leva celebrándose na Vila desde fai vinte e dous anos, en colaboración coa institución provincial, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser coñecedor do Descubrimento de América cando chegou ao seu porto a Carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón.

